viernes, 4 de mayo de 2018

OBRADOIRO EMOCIÓNS E HHSS


Nesta sesión do obradoiro de Emocións e Habilidades Sociais os alumnos de 4º de EI recordaron as diferentes emocións traballadas ao longo do curso recoñecéndoas nunhas cariñas que logo levaron para casa pegadas nun depresor.
Cos alumnos de 5º de EI,  comenzamos a parte do obradoiro relacionada coas  habilidades sociais:  a cada neno/a tocoulle recordar, debuxar e por último expoñer unha norma de clase  aos seus compañeiros.
Os maiores 6º de EI, tras rematar as sesións dirixidas ás emocións básicas a través do libro “El monstruo de colores”  de  Anna Llenas, tiveron que recoñecer as emocións, xa vistas, en fotografías que representaban nenos que podían estar sentindo: alegría, tristeza, medo, calma, rabia ou amor, tiñan que asociar cor-emoción-xestos.