viernes, 27 de abril de 2018

Obradoiros de Autonomía e Hábitos saudables


Obradoiro de Autonomía e Hábitos saudables

Neste curso dividimos o obradoiro en tres bloques. No primeiro trimestre traballamos a autonomía, centrándonos na parte de vestirse e desvestirse, aprendendo a poñer e quitar o mandilón e o abrigo, abrochar os botóns, calzarse e descalzarse… Ademáis, os maiores aprenderon a preparar a súa roupa e a mochila do cole, a doblar o pixama…
Para todo isto, ademais, fixéronse diversas actividades, como puzles nos que tiñan que vestir nenos e nenas ou diferenciar a roupa de verán e inverno e levaron un pixama en miniatura para aprender a doblalo.
No segundo trimestre centrámonos na alimentación, traballando a autonomía: aprenderon a poñer a mesa, a utilizar correctamente os cubertos, a preparar a merenda ou o almorzo… e os hábitos saudables, diferenciando os alimentos sans dos que non o son, as cantidades a consumir de cada un…
Para iso fixéronse actividades como: un mantel individual para os máis pequenos, puzles para aprender a poñer a mesa e a diferenciar os tipos de cubertos que se utilizan para cada comida, fichas para colorear os alimentos saudables, e os maiores coñeceron a pirámide alimenticia e elaboraron unha merenda saudable, con tortitas de arroz, froita e queixo.
No terceiro trimestre estamos traballando os hábitos saudables, para que entendan a importancia de lavar os dentes despois das comidas, bañarse a diario, lavar as mans antes de comer… Tamén a autonomía na realización das tarefas da casa, aprendendo a recoller os seus xoguetes, facer a súa cama, recoller os pratos despois de comer…
Para iso, levaremos a cabo diversas actividades: secuencias temporais sobre o cepillado de dentes, fichas para pegar os obxectos necesarios no aseo diario, tarxetas cos hábitos saudables e os maiores elaborarán un porta-cepillo de dentes. Tamén recolleremos os xoguetes da clase despois dunha sesión de xogo colectivo.
Ademais de todas estas actividades, fixemos diversas sesións con actividades interactivas, aproveitando os recursos dos que dispoñemos.