jueves, 10 de mayo de 2018

OBRADOIROS DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE

Ao longo de todo o curso os alumnos de Educación Infantil asistiron aos obradoiros de estimulación da linguaxe, impartidos polo especialista en Audición e Linguaxe. Estes obradoiros teñen como obxectivo principal a prevención e detección de dificultades na fala (dislalias) e na lectoescritura. Leváronse a cabo actividades de relaxación, praxias dos órganos bucofonadores, de respiración e soplo. Ademáis traballase o inicio da lectoescritura, principalmente na aula de 6º Educación Infantil, mediante actividades interactivas na pizarra dixital de construcción e deletreo de palabras. Deixámosvos unhas fotos dun obradoiro, no que se traballou a coordinación respiratoria (inspiración nasal-espiración bucal) zumba lingual nos tres cursos e tamén a lectoescritura cos alumnos de 6º Ed. Infantil.